Table of Contents Table of Contents
Previous Page  12 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 12 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

10

A avaliación de riscos é a actividade fundamental para detectar e valorar os riscos que

poidan existir en todos e cada un dos postos de traballo da empresa. Esta avaliación é

responsabilidade da Dirección da empresa e deberá axustarse aos riscos existentes.

Debe realizarse:

Unha avaliación inicial de riscos en función da natureza da actividade.

Cando se introduzan cambios significativos nas condicións de traballo, na organización,

na introdución de novas tecnoloxías, produtos, equipos, etc.

Cando se produzan danos na saúde dos traballadores ou se aprecie que as medidas de

prevención son inadecuadas ou insuficientes.

EN TODO CASO É ACONSELLABLE QUE PERIODICAMENTE

(CADA 2 OU 3 ANOS) SE PROCEDA Á SÚA ACTUALIZACIÓN.

A avaliación de riscos deberá ter en conta aqueles que poidan afectar a traballadores

especialmente sensibles como son os menores, as mulleres embarazadas e os

discapacitados.

Esta guía está deseñada para que esta avaliación poida ser asumida polo Empresario e

para poder facelo:

O Empresario pode usar a ferramenta de avaliación online gratuíta OiRA.

O Empresario deberá ter un curso básico de 30 h en PRL.

( https://client.oiraproject.eu/es/autoescuelas/autoescuelas )

.

Esta guía axudará ao Empresario a realizar dita avaliación.

AVALIACIÓN DE

RISCOS LABORAIS