Table of Contents Table of Contents
Previous Page  4 / 60 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 4 / 60 Next Page
Page Background

Prevención de Riscos Laborais en Autoescolas

2

Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais establece que o empresario deberá

garantir a seguridade e a saúde dos traballadores ao seu servizo en todos os aspectos

relacionados co traballo. O empresario realizará a prevención dos riscos laborais mediante

a integración da actividade preventiva na empresa e a adopción de cantas medidas sexan

necesarias para a protección da seguridade e a saúde dos traballadores.

Para o desenvolvemento das actividades preventivas, o empresario poderá elixir entre

algunha das modalidades seguintes:

Asumindo persoalmente tal actividade.

Designando a un ou varios traballadores para levala a cabo.

Constituíndo un servizo de prevención propio.

Recorrendo a un servizo de prevención alleo.

ESTA GUÍA PRÁCTICA ESTÁ DESEÑADA PARA AXUDAR AOS EMPRESARIOS

DO SECTOR DAS AUTOESCOLAS A ASUMIR A XESTIÓN DA PREVENCIÓN DA

SÚA EMPRESA.

O Real Decreto 39/1997 polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención

establece que

os empresarios poden asumir a xestión da prevención de riscos laborais na

súa empresa sempre que cumpran os seguintes requisitos

:

Que a empresa teña

menos de 10 traballadores

(até 25 sempre que a empresa teña un

único centro de traballo. Texto modificado pola Lei 14/2013, de apoio aos emprendedores

e a súa internacionalización).

Que o empresario

desenvolva

de forma habitual a súa

actividade profesional no centro

de traballo

.

Que teña a

capacidade

correspondente ás funcións preventivas que vai desenvolver

(teña un curso básico de 30 h de prevención de riscos laborais).

OBXECTIVO DA GUÍA